miércoles, 12 de noviembre de 2025

RESEÑAS DE 3º ESO SOBRE LIBROS QUE TOMAN PRESTADOS DA NOSA BIBLIOTECA (12/11/25)

O alumnado de 3º da ESO traballou en inglés  a elaboración de reseñas de libros prestados da nosa biblioteca. O alumnado amosou moitas habilidades e presentaron traballos marabillosos sobre os libros que estiveron a traballar.

Esta actividade, enmarcada dentro do programa de fomento da lectura, ten como obxectivo motivar ao alumnado a gozar dos libros e a expresar as súas opinións de maneira crítica e creativa. A través das súas reseñas, os rapaces e rapazas reflexionaron sobre as historias que máis lles impactaron, os personaxes cos que se identificaron e as emocións que lles espertou cada lectura.

As valoracións amosan un gran interese pola lectura e unha capacidade de análise cada vez máis madura, o que nos enche de orgullo e ilusión para seguir potenciando o hábito lector.


martes, 11 de noviembre de 2025

5º E 6º EP VISITAN A BIBLIOTECA NEIRA VILAS (11/11/25)

Ainda que ao longo do curso todo o alumando de educación infantil e primaria pasan polas súas instalación, cabe salientar a visita do alumnado de 5º e de 6º de primaria, que visitaron na xornada de hoxe a biblioteca. Nesta visita tan especial aprenderon a descubrir o valor da lectura e da escritura, e realizaron un montón de actividades de investigación que disfrutaron moitísimo. Sentíronse coma auténticos detectives!

Moitas grazas ás bibliotecarias, foi un placer volver a traballar con elas.


lunes, 10 de noviembre de 2025

CHARLA PREVENCIÓN DE DELITOS SEXUAIS POR PARTE DA POLICIA NACIONAL DE VIGO PARA 3º DA ESO (10/11/25)

O pasado 10 de novembro de 2025, o alumnado de 3º da ESO participou nunha charla informativa sobre prevención de delitos sexuais, impartida por un axente da Policía Nacional de Vigo.

A actividade tivo como obxectivo concienciar ao alumnado sobre a importancia do respecto, os límites persoais e a protección da intimidade, tanto no ámbito presencial como nas redes sociais. Durante a sesión, abordáronse cuestións como o consentimento, o uso responsable das novas tecnoloxías e os riscos asociados á difusión de contidos íntimos.

O axente ofreceu tamén consellos prácticos para actuar ante situacións de risco e informaron sobre os recursos de apoio e denuncia dispoñibles para as vítimas.

Este tipo de iniciativas contribúen a promover unha convivencia segura, respectuosa e baseada na igualdade.


CHARLA PREVENCIÓN DE APOSTAS E ABUSO DE TECNOLOXÍA POR PARTE DA POLICIA NACIONAL DE VIGO PARA 2º DA ESO (10/11/25)


O 10 de novembro de 2025, o noso centro tivo o privilexio de participar nunha charla sobre prevención de conductas adictivas, organizada polo Policía Nacional.

A actividade, dirixida ao alumnado de 2º de ESO tivo como obxectivo concienciar sobre os riscos asociados a diferentes tipos de adicciones, tanto a sustancias como a comportamentos (uso de redes sociais, videoxogos, apostas, etc.).

A través dunha exposición dinámica e participativa, o alumnado recibiu información práctica e recursos para fomentar hábitos de vida saudables, a toma de decisións responsables e o desenrolo do pensamento crítico ante situacións de risco.

Actividades como esta reforzan o noso traballo diario na educación en valores e a promoción da saúde dentro e fora dal aula.

viernes, 7 de noviembre de 2025

CHARLA SOBRE RECICLAXE E A NOVA COMPOSTADORA PARA O ALUMNADO DE 5º ED. PRIMARIA (7/11/25)

No día de hoxe disfrutamos dunha charla sobre a reciclaxe  grazas á colaboración do Concello de Vigo.


Os nosos alumnos e alumnas participaron activamente, demostrando a súa interese e compromiso co medio ambiente.


No noso centro,  a formación inclúe o desenrolo de valores de responsabilidade e civismo. Involucrarnos en iniciativas como esta é clave para que os nosos alumnos descubran como as súas accións poden potenciar un futuro máis sostible.



martes, 4 de noviembre de 2025

NOVIDADES DO MES DE NOVEMBRO DO NOSO LIBROFLIX (1/11/25)

Comezamos novembro e comezamos coas nosas suxerencias de lectura e notificacións de novas adquisicións para a nosa biblioteca.

O alumnado comeza a amosar interese polo que suxerimos e incluso comezan a realizar as súas propostas.

Como cada mes propondremos 3 categorías que publicaremos no noso blog da biblioteca a parte de estar no recuncho especial da biblioteca: 

  • novedades do mes

  • recomendacións para ti

  • máis populares.


A que esperades para saber todas as cousas que vos pode aportar a biblioteca no mes de novembro?




lunes, 3 de noviembre de 2025

CHARLA SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO PARA O ALUMNADO DE 3* e 4* ESO (4/11/25)


Durante o mes de novembro se conmemora o día contra  violencia de xénero, e que menos que comezar a traballar o tema nas aulas. 


Nesta ocasión o alumnado de 3º e 4º da ESO tivo oportunidade de disfrutar dunha charla  impulsada polo programa municipal do Concello de Vigo.


A charla tratou de desmontar os mitos xuvenís sobre a violencia de xénero. Con este tipo de actividade buscamos que o noso alumnado reflexione e poida debatir de forma aberta sobre as creencias erróneas que existen entorno a violencia machista, promovendo relacións sanas e igualitarias.


Dende o centro tentamos que o noso alumnado comprenda que a igualdade se aprende e se practica.