Durante toda a semana da conmemoración do día do libro, as familias dos mais pequechos do colexio fixeron diferentes visitas a nosa biblioteca para poder contarlles contos aos alumnos de educación infantil. As familias que puideron disfrutar destes momentos especiais cos nosos peques o fixeron de marabilla e deixaron o noso alumnado con ganas de mais contos e saber que lle pasaba despois as personaxes. As entradas a cada unha das visitas está no blog de ed. infantil, pero facemos un pequeño resumo fotográfico desta experiencia máxica.
É tamén importante indicar que o alumnado de infantil recibiu tamén a visita do alumnado de 4º da ESO para contarlles contos de forma moi entretenida. Neste caso non fixemos fotos porque o conto foi tan inmersivo que ata os profesores quedamos fascinados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario