martes, 29 de abril de 2025

SEMANA DO LIBRO: OBRAS DE TEATRO PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Durante a semana da conmemoración do día do libro o alumnado de Ed. Infantil foi moi afortunado, xa que recibiu a visita do alumnado de Ed. Primaria para facerlle pequenas obras de teatro, poesias e adiviñanzas en pequenas visitas que realizaban na biblioteca a partir das 11.15 da mañá.

O alumnado amosouse moi interesado e moi participativo por ambalas dúas partes. Quedando con ganas de repetir en futuras conmemoracións.



As obras de teatro que se representaron foron:

 “La taberna de Simón”

“Eneko tiene un problema”

“Viaje a Marte”

“Detectives”

“Pepiña Maruxiña quiere volar”



O equipo de teatro deste curso fixo unha tarefa excepcional e pese a ser os primeiros o fixeron de fábula. Quedaron con ganas de repetilo para os futuros cursos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario