miércoles, 30 de abril de 2025

REPRESENTACIÓN DA OBRAS DE TEATRO ENTRE OS COMPAÑEIROS DE ED. PRIMARIA E ENTREGA DE PREMIOS DOS CONCURSOS DE MICRORELATO E POESÍA.

 Todo o alumnado Ed. Primaria está feito un verdadeiro equipo de traballo que representaron as súas obras o alumnado de Ed. Infantil pero tamén o quixeron facer os seus compañeiros de Ed. Primaria. O fixeron fenomenal e moitos descubriron unha nova actividade para divertirse, xa que o teatro sempre engancha.


Tamén fixemos concurso de deletreo onde todo o alumnado de Ed. Primaria tentou superarse cada un a si mesmos e amosaron moita calidade. Está claro que é unha actividade que lles encanta e o gañador/a de toda primaria leva un diploma acreditativo.

Así mesmo, nesta semana tamén se fixo entrega dos premios do concurso de  Microrelato e Poesía que xa leva varias edicións no centro e sempre conta con boas representacións de ambas disciplinas. Este ano os gañadores foron Aroa e Kevin de Ed. Secundaria e Aldara de Ed. Primaria.


No hay comentarios:

Publicar un comentario