viernes, 25 de abril de 2025

MERCADILLO DE LIBROS DURANTE A XORNADA ESCOLAR, DO 21 AO 25 DE ABRIL DE 2025

 Como cada ano no noso centro, celebramos a semana do libro, na cal organizamos un montón de actividades que realiza o alumnado.

Unha das actividades máis salientables e máis esperadas polo noso alumnado é o mercadillo de libros, que este ano celébrase na nosa biblioteca. 

Durante os recreos, o alumnado de Educación Primaria subiu a biblioteca para facer o intercambio de libros. Nesta actividade o alumnado pode escoller o libro que quere comprar co diñeiro especial que temos para esta actividade, as “tinas”.  É unha actividade moi enriquecedora.




No hay comentarios:

Publicar un comentario