Xa está aquí a XV edición do Concurso Literario do Colexio Santa Cristina de Vigo!
Dende a biblioteca do cole queremos animar a todo o alumnado de Primaria e ESO a participar nesta nova convocatoria de poesía e microrrelato, unha oportunidade perfecta para deixar voar a imaxinación, crear historias únicas e compartir emocións a través das palabras.
Os traballos poderán presentarse entre o 7 e o 20 de abril, e haberá premios para as obras máis orixinais e creativas. A temática é libre, así que… é o momento de escribir, soñar e sorprendernos co voso talento!
A entrega de premios celebrarase o 24 de abril con motivo do Día do Libro.
Agardamos con moita ilusión as vosas creacións!

No hay comentarios:
Publicar un comentario