A nosa zona especial de Libroflix renóvase cunha selección do máis interesante para este mes. Neste espazo atoparedes as últimas incorporacións á biblioteca, as nosas recomendacións destacadas e os libros máis populares entre o alumnado.
Nesta ocasión, traemos propostas moi cargadas de ciencia: lecturas que espertan a curiosidade, invitan a investigar e achegan o coñecemento científico dun xeito ameno e sorprendente. Unha oportunidade perfecta para aprender, descubrir e deixarse levar polo fascinante mundo da ciencia… tamén a través dos libros.



No hay comentarios:
Publicar un comentario