miércoles, 4 de marzo de 2026

ACTUALIZACIÓN DO PUNTO LILA DA NOSA BIBLIOTECA (4/3/26)

Dende a nosa biblioteca levouse a cabo a actualización do Punto Lila da biblioteca do centro con anterioridade a conmemoración do 8M, incorporando novos materiais de lectura e recursos relacionados coa igualdade, o feminismo e a prevención da violencia de xénero. Ademais, cómpre salientar que, dentro das lecturas e recomendacións mensuais que se difunden desde a biblioteca, incluíronse propostas procedentes deste espazo. O Punto Lila, situado na biblioteca, constitúe así unha sección activa, dinámica e accesible, ao servizo de todo o alumnado e da comunidade educativa, promovendo a reflexión crítica e o compromiso cos valores de igualdade.




No hay comentarios:

Publicar un comentario