martes, 3 de marzo de 2026

MURAL SOBRE AS MULLERES MÁIS IMPORTANTES (3/3/26)

No marco do 8M, o alumnado de 3º de Educación Primaria realizou un mural sobre mulleres importantes da historia. Para levalo a cabo, subiron á biblioteca do centro, onde investigaron sobre distintas figuras femininas relevantes en ámbitos como a ciencia, a arte ou o deporte. Con toda a información recompilada, elaboraron un mural colectivo cheo de creatividade, co obxectivo de visibilizar as súas achegas e promover a igualdade desde idades temperás.

Foi un traballo marabilloso onde o alumnado amosou unha grande interese por saber máis e comprender a situación que lles tocou vivir en comparación coa nosa sociedade actual.





No hay comentarios:

Publicar un comentario