miércoles, 14 de enero de 2026

TALLERES DE INSPIRA STEAM PARA 6º ED. PRIMARIA (14/01/26)

 Inspira STEAM é un proxecto pioneiro promovido pola Universidade de Deusto para o fomento da vocación científico-tecnolóxica entre as nenas, baseado en accións de sensibilización e orientación, que son impartidas por mulleres profesionais do mundo da investigación, da ciencia e da tecnoloxía. Trátase da primeira vez que se emprega a técnica da mentoría grupal nun proxecto de fomento das STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Artes e Matemáticas) entre o alumnado de primaria.

O corazón do noso proxecto son as mentoras, que de maneira voluntaria achegan o seu día a día a nenas e nenos a través de seis sesións de traballo en horario lectivo. Todas elas son científicas e tecnólogas que desenvolven a súa actividade profesional en diferentes ámbitos: académico, empresarial, investigación, xestión, etc.

Durante as sesións de traballo abordaranse temas como os estereotipos que nos rodean, o seu traballo ou as mulleres e a ciencia ao longo da Historia. Con estes encontros entre mentora e nenas quérese axudar a disipar dúbidas e obxeccións sobre as profesións en ciencia e tecnoloxía, a aclarar as súas motivacións e a afianzar a súa autoestima para iniciar este camiño profesional, se así o desexan.

O programa Inspira STEAM foi recoñecido co primeiro premio na categoría de «entidades ou organizacións públicas ou privadas» dos Premios Aulas pola Igualdade: Premios Alianza STEAM 2024, outorgados polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Este tipo de actividades realizanranse durante varias sesións e traballando de formas diferentes para inspirar o alumnado a continuar formándose.


No hay comentarios:

Publicar un comentario