O alumnado de 1º da ESO participa nun taller sobre as novas tecnoloxías impartido pola asociación Amaina. Esta actividade desenvolverase ao longo de varias sesións na biblioteca do centro, un espazo pensado para a reflexión e a aprendizaxe compartida.
Durante o taller, o alumnado traballará contidos relacionados co uso responsable das tecnoloxías, a convivencia no entorno dixital e o desenvolvemento dun pensamento crítico fronte ao mundo virtual. Unha iniciativa moi necesaria para acompañar aos nosos rapaces e rapazas no seu día a día dixital.
Imaxe xerada con intelixencia artificial (ChatGPT) para ilustrar o taller.
No hay comentarios:
Publicar un comentario