lunes, 24 de noviembre de 2025

OBRADOIRO DE SENSIBILIZACIÓN AO ALUMNADO DE 1º ESO E 6º EP DO PROXECTO CONVIVINDO VIGO DA FUNDACIÓN AMIGÓ

O alumnado de 1º da ESO e 6º de Primaria participou nunha sesión formativa centrada no control emocional e na xestión da ira, enmarcada no programa de sensibilización desenvolvido pola Fundación Amigó. A través do obradoiro “RegulArte”, o alumnado puido achegarse, dun modo dinámico e participativo, ao coñecemento das emocións básicas, profundizando especialmente na identificación, expresión e regulación da ira.

Durante a actividade, empregáronse recursos audiovisuais, dinámicas interactivas e espazos de diálogo que favoreceron unha comunicación aberta. Os participantes exploraron a función adaptativa da ira, aprenderon estratexias eficaces para o seu control e reflexionaron sobre alternativas non violentas para afrontar situacións de conflito.

O obradoiro realizouse en dúas sesións de  de 50 minutos, tempo no que o alumnado se mostrou moi implicado e amosou gran interese por comprender mellor as súas emocións e adquirir ferramentas de autocontrol que poderán aplicar tanto no ámbito escolar como no persoal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario