O alumnado de 3º da ESO traballou en inglés a elaboración de reseñas de libros prestados da nosa biblioteca. O alumnado amosou moitas habilidades e presentaron traballos marabillosos sobre os libros que estiveron a traballar.
Esta actividade, enmarcada dentro do programa de fomento da lectura, ten como obxectivo motivar ao alumnado a gozar dos libros e a expresar as súas opinións de maneira crítica e creativa. A través das súas reseñas, os rapaces e rapazas reflexionaron sobre as historias que máis lles impactaron, os personaxes cos que se identificaron e as emocións que lles espertou cada lectura.
As valoracións amosan un gran interese pola lectura e unha capacidade de análise cada vez máis madura, o que nos enche de orgullo e ilusión para seguir potenciando o hábito lector.
No hay comentarios:
Publicar un comentario