martes, 25 de noviembre de 2025

CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO CPR SANTA CRISTINA

O Día da Non Violencia de Xénero no colexio Santa Cristina foi unha xornada de reflexión e sensibilización sobre a importancia de erradicar calquera tipo de violencia, pero facendo fincapé na violencia baseada no xénero, promovendo o respecto, a igualdade e a convivencia pacífica entre todos os membros da comunidade.

Este día, celebrado o 25 de novembro, adícase a conmemorar ás víctimas da violencia de xénero, visibilizando esta problemática social e educativa, e sensibilizando aos estudantes e a toda a comunidade escolar sobre as consecuencias da violencia de xénero e a necesidade de erradicala

Queremos lembrar a toda a comunidade educativa o noso Punto Lila, onde o noso alumnado pode consultar material axeitado acorde os seus niveis educativos, para poder continuar co seu proceso de aprendizaxe. Este recuncho forma unha parte especial da nosa biblioteca e sempre está presente a hora de adquisicións ou actividades. 

Estes valores son fundamentais, polo que seguimos traballándoos durante todo o ano. Dende o centro tratamos de promover os valores de respecto mútuo, xa que o feito de fomentar o respecto entre todos e todas, sen importar o xénero é fundamental; outro aspecto a tratar é o da Prevención e denuncia, ensinando aos estudantes a identificar sinais e situación de violencia e amosándolles como denunciala de xeito seguro. Outro aspecto fundamental no que incidimos é a Educación emocional, promovendo a empatía e as habilidades para a resolución de conflitos sen recurrir a violencia.

Esta xornada no só serve para sensibilizar sobre o tema, senon que tamén proporciona ferramentas para que os estudantes sepan como actuar ante situacións de violencia e como ser parte activa da solución.

Dentro das actividades realizadas na xornada do 25 N, puxéronse en marcha diferentes actividades:

  • Murais con lazos de plástico de cores relacionados coa conmemoración. Esta actividade foi un traballo en equipo, onde cada un de nos, puxo o seu grao de arena para concienciarse e repulsar a violencia de xénero.

  • Carteis e manualidades que fixeron cos titores (murais, colares…)

  • Participación no Enlaza Vigo (3º e 4º da ESO) actividade desenvolvida polo Concello.

  • Actividade previa do Enlaza Vigo cunha charla sobre a violencia de xénero.

  • Realización dun podcast por parte do alumnado de 1º da ESO que se grabou coa radio do centro.

https://go.ivoox.com/rf/163335608

  • Microrrelatos coa profesora Maitane para o alumnado de 3º e 4º da ESO.

  • Exposición intinerante do ENLAZA Vigo nos pasillos de Secundaria.

  • 1 minuto de silencio por todas as víctimas

No hay comentarios:

Publicar un comentario