martes, 19 de mayo de 2026

PALABRAS QUE SOAN, PALABRAS QUE CREAN

Hoxe na ESO gozamos dun obradoiro moi especial organizado polo equipo da Biblioteca. O alumnado dos catro cursos participou en diferentes actividades da man de O Son do Sar para traballar a improvisación lingüística e literaria: creación de rimas, pareados, xogos de palabras e exercicios de expresión oral que foron aumentando en dificultade e creatividade ao longo da xornada.

A actividade culminou cunha auténtica batalla de galos.

Sen dúbida, unha proposta diferente que conseguiu implicar o alumnado e demostrar que a literatura e a lingua tamén poden vivirse desde o ritmo, a improvisación e a diversión.







No hay comentarios:

Publicar un comentario