A Reconquistiña é un dos actos máis especiais da Festa da Reconquista de Vigo. Cada ano, miles de nenos e nenas de colexios públicos e concertados da cidade vístense coa roupa da época e saen en desfile polo Casco Vello para conmemorar o alzamento popular do 28 de marzo de 1809, cando os veciños de Vigo expulsaron as tropas de Napoleón e converteron a cidade na primeira de Europa en conseguir tal fazaña.
Os participantes desfilan como vigueses e franceses con tambores desde a Porta do Sol ata a Praza do Berbés, onde rematan a xornada cunha merendola con chocolate. Cada colexio leva o seu estandarte e as cancións tradicionais aprendidas previamente en obradoiros de música.
Este ano 2026 a Reconquistiña cumpriu dez anos, consolidándose como unha das citas máis queridas da festa e unha forma moi especial de achegar a historia de Vigo aos máis pequenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario