A nosa zona de Libroflix tamén se enche de propostas especiais no mes de marzo, un tempo cheo de celebracións e oportunidades para aprender a través da lectura.
Neste espazo atoparedes, como sempre, as novidades do mes, as recomendacións máis destacadas e os libros máis populares entre o alumnado. Pero nesta ocasión, a selección vén marcada por datas moi sinaladas como a Reconquistiña ou o Día Meteorolóxico Internacional, ofrecendo lecturas que nos achegan á historia da nosa contorna e ao fascinante mundo da ciencia e do clima.
Estas propostas permiten conectar a lectura coa realidade, comprender mellor o que nos rodea e espertar a curiosidade por temas moi diversos. Unha maneira perfecta de celebrar marzo descubrindo, aprendendo e gozando cos libros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario