miércoles, 18 de marzo de 2026

A MOCHILA DE IGUALDADE CHEGA A 6º DE ED. INFANTIL

Este curso renovamos a nosa mochila viaxeira de 6º de Educación Infantil cunha proposta moi especial: a mochila de igualdade. Froito da colaboración entre a biblioteca escolar e o departamento de orientación do centro, esta iniciativa chega ás familias cargada de contos coidadosamente seleccionados polo equipo de orientación para traballar a igualdade dende as primeiras idades.

A mochila vai pasando polas casas de todos os nenos e nenas da aula, invitando a compartir en familia momentos de lectura arredor de valores como o respecto, a diversidade e a igualdade entre persoas.

Trátase dunha actividade sinxela pero moi poderosa: un conto pode abrir grandes conversas. Animámosvos a gozar dela!




No hay comentarios:

Publicar un comentario