martes, 24 de marzo de 2026

A BIBLIOTECA FOI TOMADO POR ASALTO: A ROBÓTICA TOMA O CONTROL (24/3/26)

O alumnado de 2º da ESO decidiu que a biblioteca era o lugar perfecto para a súa última misión... e tiñan toda a razón. Durante varias sesións, as mesas de lectura convertéronse en auténticos centros de operacións onde, peza a peza, os nosos alumnos e alumnas foron montando os robots de Polos Creativos.

Sen présa, con moita concentración e bastante traballo en equipo, cada grupo foi ensamblando o seu dispositivo ata ver como tomaba forma diante dos seus ollos. Porque hai algo moi especial en construír algo coas túas propias mans antes de aprender a darlle vida.

E iso foi exactamente o que pasou despois: unha vez montados, chegou o momento de dar os primeiros pasos, comezamos a idear proxectos para poder logo aprender a programar estes robots.  Isto permitirnos aprender a comunicarse cunha máquina, a pensar de forma lóxica e a resolver problemas é todo un reto... pero un reto que o noso alumnado afrontou en cada xornada con ganas e curiosidade.E atención que isto non queda aquí¡¡¡




Esta primeira toma de contacto co mundo da robótica deixounos un sabor de boca moi bo. A experiencia foi tan positiva que xa estamos pensando nas actividades que imos preparar con eles. Porque isto non foi máis que o comezo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario