Durante todo o curso e nas diferentes tutorías estamos a traballar a prevención da violencia de xénero con diferentes actividades e charlas, e este ano como novidade engadimos a visita da exposición itinerante. Dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo ofrecéronnos a posibilidade de que nos visitara a exposición “A Violencia Sexual na Xuventude. Infórmate!” dirixida a mozos e mozas, co obxecto de ofrecer contido e información a un tema tan actual como é a Violencia Sexual na Xuventude.
Pola nosa parte como centro educativo, é importante que dende o centro tratemos de promover os valores de Respecto mútuo, xa que o feito de fomentar o respecto entre todos e todas, sen importar o xénero é fundamental; outro aspecto a seguir traballando é o da Prevención e denuncia, ensinando aos estudantes a identificar sinais e situación de violencia e amosándolles como denunciala de xeito seguro. Outro aspecto fundamental no que incidimos é a Educación emocional, promovendo a empatía e as habilidades para a resolución de conflitos sen recurrir a violencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario