viernes, 13 de diciembre de 2024

CHARLA SOBRE MINERAIS A 1º DA ESO O DIA 13/12/24

Os alumnos de 1º da ESO están cheos de expectación sobre a charla que hoxe temos na biblioteca, xa que temos unha visita da universidade de Vigo, en concreto da Facultade de Minas, que se suma o tema que estamos a traballar na materia de bioloxía “ A xeoloxía”.

A biblioteca convertiuse nun laboratorio no cal os nosos alumnos puideron realizar diferentes experimentos que lles permitiron identificar que minerais descoñecidos tiñan no seu poder. A través desas probas obtiveron diferentes respostas que ao final permitironlles poñer nome a cada incognita en forma de pedra que traballaron.

Foi unha actividade moi divertida e todos quedaron con ganas de seguir aprendendo sobre minerais que podemos atopar sobre a superficie do noso planeta.

Moitas grazas a Facultade de Minas por ter este tipo de actividades dirixidas ao alumnado, facéndolles máis cercano este coñecemento.



No hay comentarios:

Publicar un comentario