martes, 3 de diciembre de 2024

CHARLA LOLY GÓMEZ DE LA TVG “O tempo” A 3º y 4º ESO

O pasado dia 3 de decembro o noso centro contou coa visita de Loly Gómez, presentadora do programa “ O tempo” na TVG, explicou ao alumnado de 3º e 4º da ESO como é o traballo diario para poder dar o parte meteorolóxico.

Nesta visita tan especial, a ponente en todo momento amosou preocupación por conseguir que todo o mundo entendera a importancia de comprender as diferencias entre clima e tempo, os aparatos de medida que empregan e como se debe sair adiante nun directo ainda que a previsión teña algún erro.

Está claro que o noso alumnado disfrutou desta charla tan interesante e integrada tamén dentro das actividades do proxecto de Meteoescolas que temos en marcha no centro.

A partir de agora, seremos moito máis cuidadosos a hora de expersarnos, sobre todo cando estemos a falar do tempo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario