Inicialmente so amosamos un pequeno avance de que algo estaba a acontecer nas paredes da nosa biblioteca, pero non presentamos a idea orixinal para crear intriga. Sen embargo, o mural é fantástico e super realista.
É obra da artista María Luisa Fernández Alonso , a nosa profesora Luisa, a que nos demostra o que se pode facer nunha parede en forma de lienzo en branco.
Ainda que os mais cativos do cole nos recordan que nas paredes non se pode pintar, neste caso é o cole o que ten moita sorte de poder contar cunha obra tan importante para nos.
Xa queremos velo terminado¡¡¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario