viernes, 8 de mayo de 2026

INVITACIÓN O TALLER DE CHAPAS DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (8/5/26)

 A biblioteca do cole énchese de creatividade coa chegada do noso Taller de Chapas!

Durante a Semana das Letras Galegas, nos recreos de Primaria e Secundaria, poderedes participar nunha actividade diferente, divertida e moi orixinal: crear a vosa propia chapa personalizada. 

Do 11 ao 15 de maio, agardámosvos na biblioteca para compartir ideas, debuxos, frases e moita imaxinación arredor das nosas Letras Galegas.

Non perdas esta oportunidade de participar, crear e levar contigo unha chapa única feita por ti!


No hay comentarios:

Publicar un comentario