Durante o mes de novembro se conmemora o día contra violencia de xénero, e que menos que comezar a traballar o tema nas aulas.
Nesta ocasión o alumnado de 3º e 4º da ESO tivo oportunidade de disfrutar dunha charla impulsada polo programa municipal do Concello de Vigo.
A charla tratou de desmontar os mitos xuvenís sobre a violencia de xénero. Con este tipo de actividade buscamos que o noso alumnado reflexione e poida debatir de forma aberta sobre as creencias erróneas que existen entorno a violencia machista, promovendo relacións sanas e igualitarias.
Dende o centro tentamos que o noso alumnado comprenda que a igualdade se aprende e se practica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario