O alumnado de 3º ESO aproveita a facer un repaso dos aparatos dixestivo e circulatorio a partir da realización dun timelapse de cada un destes aparellos.
É importante mencionar que o material pertence a Crisbioprofe do canle educativo bioesofera, recurso moi empregado na aula de bioloxía, debido a súa simplicidade e adecuidade ao temario que se está a impartir nesta materia.
Para iso e de forma máis amena, o alumnado deberá xogar as súas cartas para conseguir a orde correcta de cada un destos aparatos.
O alumnado quedou encantado con esta forma de repaso basado no xogo, no cal non deixan un minuto de traballar coa mente buscando os procesos aprendidos en clase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario