Tal como anunciamos nos carteis que puxemos polo colexio, o equipo de PLAMBE preparou actividades para que o alumnado de todas as etapas tivera actividades relacionadas co Samaín nos recreos.
A verdade e que resultou unha experiencia moi motivadora da cal o alumnado de todas as etapas saiu encantado. Para poder empregar de forma axeitada a biblioteca, foi necesario implementar turnos, xa que foi moito o alumnado que quixo participar.
Con esta enerxía, o equipo de PLAMBE non dubida en organizar futuras actividades. Estade atentos as futuras propostas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario