jueves, 23 de octubre de 2025

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS (24/10/25)


Estamos emocionados porque realmente hoxe queremos celebrar o día internacional das bibliotecas e queremos facelo cun acto moi importante para nos. Por iso o profesorado do centro, coodinados polo PLAMBE prepararon un acto de inaguración onde todo o alumnado estivo representado por compañeiros de cada clase. 


Neste acto puido lerse un escrito moi especial e cortouse a banda vermella que se corta en todas as grandes inaguracións, e como non a nosa non é unha celebración pequena. É un día moi especial para nos.



No día de hoxe entregouse o primeiro carnet da biblioteca, e neste caso o afortunado foi Omar, un alumnado moi interesado en comezar a empregar a biblioteca e poder disfrutar dos libros que temos. Por ese motivo, déuselle un diploma honorífico, para que nunca olvide este momento especial.




Todo o alumnado do centro colocou un carteliño moi especial na biblioteca, neste caso trátase dunha proposta de libro de lectura que os rapaces acabaron de ler ou ben que é o seu favorito. Polo que entre todos, enchemos as cordas que puxemos no pasillo da biblioteca. Para iso, pouco a pouco todos as clases foron subindo para ir colocando as súas aportacións.


Ademáis o alumnado de secundaria elaborou un fotocall baseado nun conto, que resultou un éxito, xa que todos querían facerse fotos para o recordo.



A verdade que resultou un éxito rotundo de día e oficialmente inaguramos a nosa querida biblioteca. Camaleo quedou encantado con tantas visitas e queda a espera dos próximos visitantes.



No hay comentarios:

Publicar un comentario