O alumnado de 4º da ESO contou na xornada de hoxe dunha charla moi interesante organizada polo CDFR Igualdade do Concello de Vigo, a través dunha videoconferencia. En concreto estiveron a traballar sobre as relacións tóxicas.
Dende o prisma da familia, amizade ou parella,... existen diferentes comportamentos que nos poden abrir os ollos e descubrir que estamos ante unha relación tóxica e todo o que conleva.
Polo que é necesario coñecer algúns dos comportamentos que poden facer saltar as alarmas e como debemos actuar.
Está claro que cada un ten que marcar os seus propios límites pero ainda así existen diferentes organismos nos que podes buscar axuda e apoio, aparte do que é a túa familia ou os teus amigos. A partir do estudo de diferentes situacións o alumnado amosou a compresión e a súa opinión sobre estas conductas e como poder previlas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario