O alumnado de 4º da ESO participa en diferentes actividades relacionadas co seu futuro, é unha delas é a formación na prevención de conductas, consumo, … polo que dende o centro se solicitou unha formación específica sobre adicións por parte do Programa Local de Drogas do Concello de Vigo.
Dita formación tivo lugar en varias sesións que se realizaron na biblioteca e nas cales, mediante dinámicas activdas e xogos, puideron afondar nos diferentes tipos de sustancias e o seu efecto, así como analizar os motivos polos cales a xente chega a consumir.
Durante todas as sesións o alumnado participou de forma activa e facendo preguntas moi interesantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario