Os mais cativos do colexio son os primeiros alumnos que visitan as nosas instalacións. A nosa mascota está moi nerviosa, porque o curso pasado estivo agochada pescundando o que facían os nosos alumnos, sen embargo este curso quere darse a coñecer. Os mais cativos disfrutaron enormemente da biblioteca e quedaron encantados con CAMALEO, a nosa mascota. Tanto quedaron encantados, que logo quixeron facer as súas propias versións da mascota.
Pronto comezarán a subir todas as semanas para poder realizar o seu proxecto da maleta viaxeira, na cal traballarán con contos da nosa biblioteca. Quen será o primeiro en levarse un conto para casa e contarnos moitas cousas del?

No hay comentarios:
Publicar un comentario