Durante o mes de marzo no noso centro realizouse unha actividade relacionada coa fotografía e a meteoroloxía. Dentro do noso proxecto de Meteoescolas fixemos un concurso de fotografía, basado na meteoroloxía.
GALERÍA DAS IMAXES PRESENTADAS:
O alumnado presentou fotografías moi interesantes que debían axustarse as especificacións das bases do concurso, e que logo foron expostas na biblioteca para toda a comunidade educativa. Unha vez expostas fíxeronse as votacións para elexir as dúas persoas gañadoras, as cales recibiron un premio especial por parte do colexio.
As gañadoras, Sara e Icía, alumnas de 3º de Ed. Secundaria recibiron o seu premio o día 11 de abril.
Moitas felicidades as gañadoras¡¡¡¡
Noraboa a todos os participantes que presentaron fotos moi especiais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario