Durante as dúas primeiras semanas de marzo o alumnado de 3º da ESO estivo traballando na biblioteca a creación e representación de obras de teatro cortas coa profesora Coral para practicar a oratoria, xestualidade e perder a vergoña. A partir da teoría dada en clase e empregando as súas habilidades prepararon con ahinco e por equipos diferentes obras de teatro.
Despois de ensaiar e practicar moito, conseguiron representar as súas obras de teatro, rompendo co pánico escénico, a vergoña… durante dous días , amosaron todo o seu potencial.
Realizamos esta actividade como conmemoración do día do teatro o día 27 de marzo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario