No noso centro conmemoramos a celebración do Día de Rosalía, que oficialmente é o 23 de febreiro, pero o adiantamos ao venres, cun recital moi especial en honra á nosa poeta máis universal.
Recitamos diferentes poemas,
afondamos na súa obra e puxémonos a proba respondendo a esixentes preguntas de
literatura. Falamos de representantes da lingua galega, española e inglesa, e
axudáronnos a entender e poñer en valor o noso patrimonio cultural, convertendo
esta xornada nunha auténtica festa da palabra e da identidade.
Porque Rosalía é moito máis que
versos e saudade: é forza, liberdade e un legado que segue a inspirarnos. Xa
sabedes, falamos da nosa Rosalía, a de Cantares
Gallegos, non a do tra tra. A
nosa non era cantante, pero se queredes escoitar sobre ela e mesmo unha versión
cantada dun dos seus poemas, convidámosvos a visitar o podcast dos nenos e nenas de 4º, que co profe Dani renderon unha
homenaxe moi especial.
E lembrade: “Quen é libre, nada pode conter a marcha dos seus pensamentos, e eles
son a lei que rexe o seu destino.” Non o digo eu… palabra de Rosalía, a de
Castro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario