A facultade de Telecomunicacións de Vigo está a impartir varias charlas polos centros escolares, dentro do programa “Charlas de divulgación e tecnoloxía” e tivemos a sorte de poder ter a oportunidade de poder afondar sobre o que é a intelixencia artificial e formas de aplicala.
Neste caso o noso alumnado de 2º
e 4º da ESO tivo a sorte de disfrutar da
charla “Rompendo barreiras de comunicación coa IA”. Nesta charla o alumnado
aprendeu como funciona de forma sinxela sobre que pilares se asenta o que é a
Intelixencia Artifical e como se pode aplicar de forma axeitada. Foi unha actividade moi interesante coa que
quedamos con ganas de seguir aprendendo. Gracias a Laura Docío Fernández da
Facultade de Vigo por facer algo tan complicado tan sinxelo para o noso
alumnado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario