O alumnado de 2º e 4º da ESO tiveron que realizar diferentes actividades sobre os aparatos da estación meteorolóxica, e como colofón das súas actividades, os alumnnos da ESO explicáronlle ao alumnado de Educación Primaria que variables se estudan con respecto ao tempo, e con que aparatos se fan medidas que logo permiten facer predicións meteorolóxica.
O alumnado de Primaria estaba moi
interesado pola temática da charla e nalgúns grupos houbo moitas preguntas.
Despois de ensinar a todos os
alumnos do colexio os aparatos de medida e como se traballa con eles,
colocaremos os aparatos na propia estación meteorolóxica, para poder empezar a
medir e poder participar co programa METEOESCOLAS dentro de METEOGALICIA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario