miércoles, 13 de noviembre de 2024

CHARLA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE PERSOAS CON DIFICULTADE VISUAL

O pasado día 13 de novembro, os alumnos do noso centro foron moi afortunados de poder contar cunha charla moi interesante por parte de Marian, unha persoa que pese a ter unha discapacidade visual moi considerable, desenvólvese perfectamente e con autonomía. A charla foi de concienciación e sensibilización acerca das persoas con discapacidade visual ou ceguera, polo que tamén comentounos sobre a Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE).

Os alumnos, de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e os alumnos de 2º e 3º ESO,  puxéronse na situación de non poder ver, e que ferramentas poder empregar para desenvolverse de forma individual, así como coñecer de primeira mán o funcionamento das novas tecnoloxías que simplifican os problemas polos que poderían pasar. Neste caso, por exemplo,a partir dunha  foto que se saca co móvil, que a intelixencia artificial  interprete que o que aparece nesa foto, identificar cores, identificar billetes…

Agradecemos a Mariam esta experiencia no centro na que aprendimos moito sobre a vida diaria dunha persoa cega, e as limitacións e barreiras non so físicas e arquitectónicas, senon tamén as actitudinais e sociais que teñen que afrontar cada día.


No hay comentarios:

Publicar un comentario