lunes, 25 de noviembre de 2024

25 NOVIEMBRE. CONMEMORACIÓN DEL DÍA CONTRA LA VIOLENCIA DE GÈNERO Y PUESTA A PUNTO DEL PUNTO LILA

 O Día da Non Violencia de Xénero no colexio Santa Cristina foi unha xornada de reflexión e sensibilización sobre a importancia de erradicar calquera tipo de violencia, pero facendo fincapé na violencia baseada no xénero, promovendo o respecto, a igualdade e a convivencia pacífica entre todos os membros da comunidade.

Este día, celebrado o 25 de novembro, adícase a conmemorar ás víctimas da violencia de xénero, visibilizando esta problemática social e educativa, e sensibilizando aos estudantes e a toda a comunidade escolar sobre as consecuencias da violencia de xénero e a necesidade de erradicala

E por este mesmo motivo, dende o centro queremos ter un recuncho especial onde o noso alumnado poida consultar material axeitado acorde os seus niveis educativos, para poder continuar co seu proceso de aprendizaxe.  Non se trata dunha actividade puntual, senon dun proceso continuo de formación, polo que é moi imporrante que o noso alumnado saiba da existencia do noso “PUNTO LILA” na biblioteca.

Estes valores son fundamentais, polo que seguimos traballándoos durante todo o ano. Dende o centro tratamos de promover os valores de Respecto mútuo, xa que o feito de fomentar o respecto entre todos e todas, sen importar o xénero é fundamental; outro aspecto a tratar é o da Prevención e denuncia, ensinando aos estudantes a identificar sinais e situación de violencia e amosándolles como denunciala de xeito seguro. Outro aspecto fundamental no que incidimos é a Educación emocional, promovendo a empatía e as habilidades para a resolución de conflitos sen recurrir a violencia.

Esta xornada no só serve para sensibilizar sobre o tema, senon que tamén proporciona ferramentas para que os estudantes saiban como actuar ante situacións de violencia e como ser parte activa da solución.





No hay comentarios:

Publicar un comentario